13.5 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Un operario sofre importantes lesións ao caer desde un tellado en Padrón

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá a un operario con importantes lesións nunha perna e na cabeza como consecuencia dunha caída de altura.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, a vítima precipitouse desde un tellado nunha nave situada na Travesía da Feira, en Padrón, cando pasaban uns minutos das once desta mañá.

Así, acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para ofrecer os primeiros coidados ao traballador, que presentaba lesións graves nunha perna e na cabeza. Unha vez estabilizado, o equipo médico trasladouno ao Hospital Clínico de Santiago para continuar co tratamento necesario.Ademais, os sanitarios contaron coa colaboración dos membros do GES de Padrón e tamén dos axentes da Garda Civil.

INFORMACIÓN AXEGA 112

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos