A empresa Proyecón Galicia será a encargada de realizar o proxecto de «saneamento e depuración do parque empresarial de Santa Comba. Reparación e posta en marcha da EDAR de Braña Rica».
Resultou a adxudicataria por un importe de 240.650 euros(ive engadido). Os traballos teñen o prazo de execución dun mes. No proceso de licitación participaron catro empresas. A actuación conta cunha axuda da Xunta de Galicia.