Este martes 13 de outubro sobre as 6 da mañá tivo lugar un accidente na estrada C-552 na saída de Vimianzo, á altura do Polígono industrial.
Segundo informaron os bombeiros da Costa da Morte, recibiron unha chamada alertando de que unha persoa quedara atrapada no interior do seu turismo, despois dunha saída de vía e de impactar contra unha sinal de tráfico.
Cando chegaron o lugar, os bombeiros comprobaron que a persoa accidentada, de 52 anos, xa fora trasladada ó Hospital Virxe da Xunqueira nunha ambulancia do 061, que tamén foi movilizada xunto con persoal sanitario do PAC de Vimianzo.