7.6 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Tres persoas recibiron asistencia médica a causa dun incendio rexistrado nun alpendre en Carballo

Os servizos sanitarios de urxencia atenderon a tres persoas feridas por un incendio declarado no alpendre anexo a súa propiedade, no lugar de Requeixo, na parroquia de Bértoa, en Carballo.En concreto, tres persoas tiveron que ser evacuadas por queimaduras ao centro hospitalario de referencia, mentres que os bombeiros fixeron fronte a un lume que afectaba a estrutura.

A alerta no 112 Galicia recibiuse preto das dúas desta madrugada e permitiu activar un operativo para sufocar un incendio que comezou na cheminea dun pendello. Foi a esa hora cando un dos moradores da vivenda chamaba para pedir axuda.Tras recibir o aviso, os xestores do 112 informaron da situación aos profesionais sanitarios, ao Bombeiros de Carballo e aos axentes da Garda Civil, a Policía Local e ao servizo de Protección Civil da localidade.

Finalizadas as tarefas de extinción, ás 03:00 horas, os bombeiros confirmaron que ardeu a estrutura a causa dun incendio que comezou na lareira que tiña no seu interior.

AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos