Este venres, ás 23:45 horas, o 112 Galicia era informado doutro accidente en Santa Comba, no cal, un motorista precisou asistencia sanitaria urxente. Foi a esa cando unha persoa particular alertaba dun motorista que sufriu unha caída no lugar de Arantón, concretamente, ao lado da igrexa de San Vicente.
Ata o lugar desprazáronse informados polos xestores de emerxencias os profesionais sanitarios de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os axentes de Tráfico e os membros do Servizo Municipal de Protección Civil da vila. Igualmente, os Bombeiros de San Comba foron informados por se fose preciso a súa intervención.
Fonte-AXEGA 112