O 112 Galicia recibiu, ás 12:30 horas de hoxe, unha chamada de alerta sobre un atropelo a unha muller na Avenida de San Campio, en Outes. A persoa que chamou ao teléfono de emerxencias asegurou que tras o atropelo, o condutor continuou a marcha. Deste xeito, avisouse aos axentes da Policía Local e tamén aos voluntarios de Protección Civil.
Info-AXEGA 112

