Un home perdeu, este martes, a vida ao rebentar unha caldeira cando trataba de acendela nun pendello da aldea de Rons, no concello de Negreira.As Urxencias Sanitarias só puideron confirmar a morte deste veciño.
Participaron no operativo efectivos do parque comarcal de bombeiros de Santa Comba, de Protección Civil de Negreira, do GES de Brión e axentes da Garda Civil.