11.9 C
Santa Comba
jueves, marzo 23, 2023

Rescatado un mergullador en apuros na Praia de Razo, en Carballo

Os servizos de emerxencias mobilizáronse esta tarde por un mergullador en apuros na Praia de Razo, no termo municipal coruñés de Carballo.Foi unha persoa particular quen, preto das seis horas desta tarde, solicitaba axuda para un mergullador que se atopaba entre unhas rochas na zona da Cabreira con dificultades para saír da auga por culpa dunha intensa ondada.

Deseguido, os xestores do 112 Galicia avisaron ao servizo de Salvamento Marítimo, que mobilizou ao helicóptero Helimer, e aos membros de Gardacostas de Galicia. Ademais, foron informados os axentes da Policía Local e da Garda Civil.

Finalmente, os equipos de emerxencia desprazados ata o lugar do suceso confirmaron ao 112 que os socorristas puideron sacar o home da auga. Aínda así, debido ás lesións sufridas, era necesario prestarlle asistencia médica.

Deste xeito, o equipo de rescate de Salvamento marítimo encargouse de evacuar o mergullador a bordo da súa aeronave e trasladalo ao Aeroporto de Alvedro onde, posteriormente, foi trasladado en ambulancia polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ata o centro hospitalario de referencia.Cómpre sinalar que desde o 112 Galicia tamén pasouse aviso aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos