Un motorista foi evacuado polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tras sufrir unha caída co vehículo que conducía nas proximidades do miradoiro do Ézaro, no concello coruñés de Dumbría.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 18:00 horas ao recibir a chamada de alerta dunha persoa particular. No seu relato, a testemuña do accidente solicitaba asistencia médica urxente para o motorista debido á caída que sufrira á altura do lugar do Ézaro.De inmediato, os xestores do 112 pasaron aviso aos profesionais sanitarios e aos Bombeiros de Cee.
Debido á gravidade das lesións, o equipo médico chegou a informar da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense pero finalmente, o ferido foi evacuado en ambulancia ata o Hospital de Cee.
Información-AXEGA 112