Un motorista resultou ferido de consideración despois de saírse da vía co seu vehículo mentres circulaba polo lugar de Restande de Abaixo, no termo municipal coruñés de Trazo.
Segundo os datos facilitados polos profesionais sanitarios ao 112 Galicia, ás 16:30 horas deste xoves, o ferido foi evacuado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago a bordo do helicóptero medicalizado.
Deste xeito, para prestar apoio ao equipo médico e asegurar as condicións de seguridade na vía para favorecer a aterraxe da aeronave, desde Emerxencias 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Ordes e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.
Información-AXEGA 112