O concello de Santa Comba ofreciu o último dato confirmado polas autoridades sanitarias con respecto aos casos positivos por Covid-19 no concello. En total hai 20 casos activos.
Desde o concello, nun bando asinado polo alcalde, David Barbeira, agradecen á cidadanía «a responsabilidade e cumprimento das medidas de prevención para que o gromo xurdido en Santa Comba vaia camiño de ser controlado».
Lembran que a evolución positiva no concello motivou o levantamento das medidas restritivas especiais pero que seguen vixentes as medidas preventivas de carácter xeral.