O concello de Ponteceso confirmou a existencia de 33 casos positivos por coronavirus.Ante «preocupante aumento de casos» desde o concello fan «un chamamento á poboación para incrementar o distanciamento social e o cumprimento das normas de prevención de propagación do covid-19».
Tamén indican que se poñen «á disposición das persoas que deran positivo polo virus ou que se encontren confinadas, para todo o que sexa necesario».

