8.7 C
Santa Comba
miércoles, noviembre 30, 2022

Maquinaria agrícola envorcada e dúas persoas evacuadas en Ames

Dúas persoas foron evacuadas polos servizos sanitarios de urxencia despois de envorcar a maquina agrícola que manexaban na estrada de Bertamiráns, ao seu paso por Ames.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 17:15 horas desta tarde. Foi a esa hora cando os profesionais sanitarios comunicaban aos xestores de emerxencia a mobilización de dúas ambulancias con persoal médico ata ao lugar. Aínda que nun primeiro momento descoñecíase se as vítimas estaban atrapadas, os membros do GES de Brión, xa no punto, confirmaron a Emerxencias 112 Galicia que as persoas estaban liberadas e accesibles.

Do mesmo xeito, o persoal de Emerxencias Galicia informaba, ademais do GES de Brión, aos Bombeiros de Boiro, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Fonte-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
505SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos