11.7 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

Liberan aos cinco ocupantes dun vehículo tras sufrir un accidente en Brens (Cee)

Un total de cinco persoas foron excarceradas esta madrugada polos Bombeiros de Cee ao quedar atrapados no interior do vehículo no que viaxaban tras sufrir un accidente cando circulaban á altura do Porto de Brens, na localidade de coruñesa de Cee.

Unha persoa particular foi quen, ao fío da 01:00 horas desta noite, daba conta dos feitos ao 112 Galicia. Indicaba que un coche acababa de sufrir un accidente importante e que os seus ocupantes estaban atrapados no seu interior.

Así, desde o 112 Galicia pasouse aviso decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Cee e aos axentes de Tráfico. Así mesmo, informouse á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron a excarceración dos cinco ocupantes e o seu traslado polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

Info-Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos