17.5 C
Santa Comba
lunes, marzo 27, 2023

Un incendio provoca importantes danos no interior dun alpendre en Vilar de Céltigos

Un incendio declarado no interior dunha estrutura agrícola duns douscentos metros cadrados situada no lugar de Vilar de Céltigos provocou diversos danos no seu interior, sen que ningunha persoa resultase ferida.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume calcinou trinta rolos de herba seca, un coche, un tractor e diversos apeiros de labranza.

Ao fío das 17:55 horas da pasada tarde, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do incendio, o que permitiu activar un operativo no que interviñeron os Bombeiros de Santa Comba, a Garda Civil, a Policía Local e o Servizo Municipal de Protección Civil.

Segundo lle indicaron os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento ao 112 Galicia, o incendio quedou sufocado preto das 21:30 horas e todo apunta a que a causa do lume foi unha chispa que saltou aos rolos de herba desde o turismo situado no interior do alpendre.

Fonte-axega 112

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos