Este venres, 21 de agosto, ás 10 da noite o auditorio da Vivenda comunitaria de Santa Comba acolle o espectáculo «Por unha peseta».Tratáse dunha proposta artística, musical e narrativa de Faia Díaz e Vero Rilo, que forman «Apatacón».
Tradicións, historias e moita retranca nesta cita con entrada libre seguindo o protocolo Covid-19.Unha actividade organizada desde o departamento de cultura xalleiro co apoio da Deputación da Coruña.