16.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Un operario sofre unha caída desde o tellado da casa na que traballaba en Santa Comba

Info-AXEGA 112

Un operario foi evacuado esta mañá de urxencia despois de caer do tellado da casa na que traballaba en Santa Comba.O estado deste traballador autónomo accidentado foi empeorando co paso dos minutos, polo que os servizos sanitarios de urxencia trataron de axilizar o seu traslado ao Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC).

Pasaban das dez da mañá cando unha persoa particular contactou co 112 Galicia para informar da caída dun operario que estaba a traballar unha casa do lugar da Castiñeira. Alí acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tamén alertados polo empeoramento do estado do ferido, como indicaron as persoas que chamaron ao 112 para informar.

Así, foi evacuado ao CHUAC para ser sometido a un recoñecemento médico debido ás lesións que presentaba. Ademais, o equipo médico contou coa colaboración dos axentes da Policía Local de Santa Comba e da Garda Civil.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos