Xa arrancou a tradicional novena de Vilamaior. Con misas diarias ás 9 da noite excepto o domingo que será ás 12,30h.
O venres 14 de agosto, haberá un acto litúrxico para conmemorar o Sacramento. E o día de Santa María, 15 de agosto, volverá a haber misas durante toda a mañá (8,30-9,30-10,30-11,30-12,30), sendo a solemne ás 13,30h. Pola tarde haberá unha misa ás 19h.
A música correrá por conta dos «Santa Combers» da asociación Axio Mouro.Non faltará a pulpeira e segundo indican desde a comisión haberá algunha sorpresa.