12.6 C
Santa Comba
domingo, abril 2, 2023

Un home foi rescatado dun burato no que pasou varias horas en Camariñas

Un home duns setenta anos foi rescatado dun burato despois de horas na súa procura, en Camariñas.A familia decatouse da súa falta cando regresaron a casa na tardiña de onte e comprobaron que o home nin sequera comera. Iso fixo saltar todas as alarmas e máis cando ao contactar con el por teléfono souberon que caera nun burato entre dúas pedras e non podía moverse. Así o comunicaron ao 112 Galicia preto das nove da noite de onte para a posta en marcha dun operativo que permitise localizar ao señor, afectado por unha doenza crónica.

De feito, a necesidade de medicación constante e a imposibilidade de recibila tras caer no burato dificultaron aínda máis os seus movementos. Por iso, pouco máis podía facer ca berrar e pedir auxilio. Foi así como unha veciña decatouse da presenza do home e avisou aos axentes da Garda Civil, que xa tiñan o operativo de busca en marcha xunto cos voluntarios de Protección Civil da vila.

Arredor das dez da noite o home foi localizado e trasladado a unha ambulancia que esperaba no punto para asistir ao afectado.

Información-AXEGA112

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,841SeguidoresSeguir
1,100SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos