13.5 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Unha persoa ferida e atrapada despois de colidir dous vehículos en Carballo

Os Bombeiros de Carballo tiveron que excarcerar esta tarde a unha persoa que quedou atrapada no interior dun vehículo despois de colidir contra outro cando circulaban pola rúa de la Gran Vía, no termo municipal de Carballo.

Segundo informaron os alertantes que chamaron ao 112 Galicia, sobre as 17:30 horas, para pedir axuda, tras o impacto, un dos vehículos rematou envorcado contra un andamio. Aseguraban que había unha persoa no seu interior e que o vehículo corría risco de incendiarse.

Decontado, desde o 112 Galicia pasouse aviso aos Bombeiros e ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se desprazaron axiña ata o lugar. Do mesmo xeito, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento da Policía Local e dos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.Unha vez liberada a persoa, o persoal sanitario encargouse da súa evacuación.

Información AXEGA 112

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos