10.3 C
Santa Comba
martes, marzo 28, 2023

Evacuada unha muller en helicóptero tras ser rescatada da auga nunha Praia de Laxe

Un helicóptero medicalizado desprazouse esta tarde ata a Praia de Laxe para evacuar a unha muller que foi rescatada da auga tras sufrir unha indisposición.Así o comunicaba un particular cando chamou ao 112 Galicia, ás 17:30 horas de hoxe, para pedir axuda. Solicitaba asistencia para unha muller desmaiada.

Con estes datos, desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que decontado comunicaron a mobilización da aeronave para evacuar á muller.

Para facilitar a aterraxe do helicóptero, prestaron colaboración os axentes da Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade e unha vez despexado o areal, a aeronave puido tomar terra na mesma Praia e recoller á muller, que a trasladou ao centro hospitalario de referencia.

O 112 Galicia tamén informou dos feitos á Garda Civil e aos membros do GES de Ponteceso.

Información-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos