10.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

Esclarecen un incendio que arrasou tres mil metros cadrados na Baña

Axentes da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, en colaboración con axentes ambientais do Distrito Forestal IV Barbanza, esclareceron un incendio forestal rexistrado no lugar de Rial, concello de A Baña o pasado sábado, 25 de xullo.

O lume produciuse cando o investigado realizaba labores agrícolas cunha rotativa, non observando todas as medidas preceptivas, afectando a unha superficie total duns 3.000 metros cadrados de monte raso.

Nas tarefas de control de extinción do lume participou persoal do Distrito Forestal IV- Barbanza. En concreto, un axente, un helicóptero, unha brigada e unha motobomba.

Remitiuse atestado ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Negreira (A Coruña). No que levamos de ano, foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica 39 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos