13.5 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Falece un motorista nun accidente en Coiro-A Laracha

Axega-112

Un motorista faleceu esta tarde tras sufrir unha caída mentres circulaba coa súa moto pola DP-1913, a altura do punto quilométrico 7,9, concretamente na parroquia de Coiro, na Laracha.O sinistro produciuse pasados ás 16:45 horas, tal e como indicou o veciño que contactou co 112 Galicia para dar conta dun grave accidente nese lugar. No seu relato, detallou que había unha persoa ferida tendida sobre a vía.

De seguido, os xestores do 112 Galicia avisaron aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos membros da Garda Civil de Tráfico, aos axentes da Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil da localidade. Do mesmo xeito, os Bombeiros de Carballo foron informados por se fose necesaria a súa colaboración.Malia os esforzos do persoal sanitario, nada puideron facer por salvarlle a vida.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos