O candidato da Marea Galeguista, Pancho Casal, pide que no debate da CRTVG do vindeiro luns 29 de xuño «se fale de garantir os servizos sociais, blindar a sanidade, da sustentabilidade, de poñer en valor o traballo das mulleres ou da defensa da autonomía».
Advertiu dos «coellos da chisteira do señor Feijóo» e advertiu que «non vou a entrar noutro tipo de debates»· Pancho Casal quere que se «debata sobre o futuro de Galicia con propostas reais».

