Un motorista resultou ferido de consideración ao caer nunha pista do concello de Muros, ao seu paso pola parroquia coruñesa de San Xoán de Torea.O suceso produciuse ás 17:45 horas deste tarde. Foi a esa hora, cando un compañeiro do ferido chamaba ao 112 Galicia para solicitar asistencias médica urxente para o motorista. Indicaba, ademais, que descoñecía a súa situación exacta.
Tras a chamada de alerta ao 112 Galicia e seguindo as indicacións dos operadores, a persoa compartiu as coordenadas da súa localización mediante mensaxe de whatsapp. Isto permitiu a chegada da axuda ao lugar concreto e a asistencia inmediata do paciente, que presentaba lesións nunha perna.
Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informaron aos profesionais sanitarios, que desprazaron unha ambulancia ao punto, ao GES de Muros e axentes da Garda Civil e Policía Local.
Unha vez valorado polo persoal sanitario, o motorista foi trasladado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.