Un home perdeu a vida ao quedar atrapado debaixo do tractor que manexaba nunha finca do concello de Cee. Os bombeiros do parque comarcal de Cee tiveron que intervir para liberar a vítima, segundo informa o 112.
Tamén acudiron ata o lugar do accidente efectivos dos servizos sanitarios, da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil de Cee.

