Informa- AXEGA 112
En Carballo unha rapaza resultou ferida con diversas queimaduras ao arder unha pota que quedou ao lume.Tras ser alertados polo 112 Galicia, dez minutos antes das 22:00 horas da pasada noite, desprazáronse decontado os servizos sanitarios e os Bombeiros de Carballo.
Foi a esa hora, cando unha persoa particular contactou co 112 Galicia para informar de que vía saír fume pola fiestra dun quinto piso dun edificio da Rúa da Fábrica e que, ademais, vía como unha rapaza pedía axuda. Por iso, os xestores do 112 tamén puxeron os feitos en coñecemento dos axentes da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil.
Así, unha vez no punto, os Bombeiros indicaron que unicamente ardeu unha pota e unha bandexa que deixaran ao lume, sen afectar a nada mais. Todo parece indicar que o aceite que había na pota salpicou á rapaza provocándolle as queimaduras.