12 C
Santa Comba
viernes, marzo 31, 2023

Trasladan en helicóptero a un home que sufriu un accidente cunha máquina agrícola en Muxía

– AXEGA 112 –

Un home resultou ferido despois de sufrir un accidente coa máquina agrícola que manexaba mentres facía traballos nunha finca particular.O accidente ocorreu sobre as 16:30 horas desta tarde, cando os servizos sanitarios de urxencia comunicaron ao 112 Galicia a saída do helicóptero con base en Santiago cara Muxía para evacuar a un home accidentado cunha máquina agrícola, en Coucieiro.

Para prestar apoio á aeronave, que tomou terra no mesmo lugar dos feitos, os xestores do 112 solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil. Tamén os Bombeiros de Cee, nada mais ser informados, desprazáronse ao punto, aínda que non tiveron que facer uso do material de excarceración.Finalmente, o ferido foi evacuado na aeronave ao o Hospital de Cee.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos