13.2 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Un home sofre un corte cunha radial cando traballaba na súa casa, en Coristanco

Un home resultou ferido despois de cortarse cunha radial cando realizaba traballos no seu domicilio, no lugar da Esfarrapa, no concello coruñés de Coristanco.

Ao fío das 14:30 horas, un familiar chamou ao 112 Galicia para requirir asistencia sanitaria e, decontado, informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ata o lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela.

Do mesmo xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos axentes da Garda Civil, da Policía Local, dos membros do GES de Ponteceso e de Protección Civil da localidade, que confirmaron o traslado do paciente a un centro hospitalario da Coruña.

Info-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos