A firma Eskariam e os seus socios na zona, AC Abogados, organizan varias charlas informativas sobre as demandas promovidas contra o chamado «Cártel do Leite». Con aforo limitado e seguindo coas correspondentes medidas de seguridade hai tres actos convocados na nosa contorna.
Noticia relacionada- Ligazón – Entrevista ao avogado Fernando Campos
O martes 9 de xuño a cita será no concello de Trazo («Casa Amarilla») desde as 12,00h. O mércores 10 o punto de encontro é a Cooperativa Xallas de Santa Comba(11:00). O venres 12 (ás 12,00h) haberá unha nova sesión informativa na Casa da Cultura da Picota, en Mazaricos.