Info-AXEGA 112
Un ciclista resultou ferido de diversa consideración ao caer mentres circulaba polo concello de Cee.
O suceso produciuse ao fío das 13:45 horas de hoxe, cando o ciclista caeu co vehículo que manexaba nun camiño de terra entre os concellos de Dumbría e Cee. Así o indicaron ao 112 Galicia os profesionais sanitarios que chamaron para solicitar medios de intervención que puidesen rescatar ao rapaz, xa que o ferido caera nunha rexión de difícil acceso.
Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informaron dos feitos aos Bombeiros de Cee e aos axentes da Garda Civil.Unha vez no punto, os equipos de intervención puideron acceder ao ciclista e levalo ata a ambulancia onde, posteriormente, foi evacuado ao centro hospitalario de referencia.