10.3 C
Santa Comba
martes, marzo 28, 2023

Ferido ao saírse da vía o coche que conducía en Val do Dubra

O condutor dun turismo resultou ferido de consideración a pasada noite en Val do Dubra despois de que o vehículo no que circulaba rematase fóra da vía.

O accidente ocorreu no lugar de Portomeiro, ao fío das 23:05 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do sinistro.

Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Xallas e á Garda Civil de Tráfico. Ademais, completaron este operativo os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Val do Dubra.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos