8.7 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Motoristas feridos en accidentes en Carnota e Cabana de Bergantiños

Segundo informa AXEGA 112 este domingo pasados uns minutos das 16:15 horas, un home resultou ferido de consideración despois de sufrir unha caída cando circulaba pola AC-550, concretamente a altura do cruce dun cámping, ao seu paso polo concello de Carnota.

A esa hora, un particular alertou ao 112 Galicia dun motorista tendido na vía, posiblemente, inconsciente. Deseguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitou a colaboración dos profesionais sanitarios, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Igualmente, desde o 112 Galicia informouse do suceso aos membros do GES de Muros por se fose necesaria a súa intervención.Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o ferido, finalmente, foi trasladado ao centro hospitalario de referencia.

En Cabana de Bergantiños

O último dos sucesos sucedeu no concello coruñés de Cabana de Bergantiños.Todo ocorreu ás 18:15 horas. O 112 Galicia tivo constancia do sinistro ao recibir a chamada de alerta dos profesionais sanitarios. Segundo a información facilitada aos xestores do 112 o accidente tivo lugar na estrada de vai a Laxe.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, solicitouse a intervención do persoal do GES de Ponteceso, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil da localidade. Así mesmo, o xestores do 112 Galicia informaron aos Bombeiros de Carballo do suceso

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos