14.8 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Rescatan ileso a un kitesurfista en apuros nun areal de Arteixo

Información-AXEGA 112

Un operativo de rescate posto en marcha polo 112 Galicia e coordinado, en todo momento, por Salvamento Marítimo serviu para auxiliar a un kitesurfista que se atopaba en apuros moi preto da Praia de Sabón, no Concello coruñés de Arteixo.

Todo comezou sobre as 15:15 horas, cando un particular alertaba do suceso. Indicaba que un surfista, preto do dique, era arrastrado pola corrente e pedía axuda.

A partir de aí, foi cando os xestores do 112 puxeron en alerta ao persoal de Salvamento Marítimo, que mobilizou o helicóptero Helimer e a embarcación Salvamar Betelgeuse. Do mesmo xeito, informaron dos feitos ao Servizo de Gardacostas de Galicia, aos servidos sanitarios e aos axentes da Garda Civil, por se fose necesaria a súa intervención. Por terra, formaron parte do dispositivo a Policía Local e os membros de Protección Civil da localidade.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o kitesurfista foi rescatado ileso polo helicóptero Helimer e evacuado ata o Aeroporto de Alvedro, na Coruña.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos