Uns 2.525 traballadores da comarca de Xallas están afectados por Expedientes de Regulación de Emprego Temporais(ERTE), segundo datos da Consellería de Economía.
A crise sanitaria obrigou a moitas empresas a recurrer a isto expedientes mentre dure a situación de emerxencia. No concello de Santa Comba presentáronse uns 116 ERTE que afectan a 2.475 traballadores e no concello de Mazaricos uns 21 que involucran a 50 asalariados.