Os dous edís de Compromiso por Galicia no concello da Baña foron pais con poucos días de diferenza. E de dúas nenas. Primeiro naceu Moraima, filla do portavoz César Ramos(e de Laura). E a pasada noite veu ao mundo, Helena, que é a filla do edil de CxG, David Gontán e da súa parella, Anna.
«Saiu todo de marabilla, tanto a mamá como a meniña estan moi ben, e eu moi feliz» comentou Gontán. E desde aquí trasladamos os nosos parabéns.