16.2 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Excarcerada unha persoa en Santa Comba tras saírse da vía o vehículo no que viaxaba

Info- AXEGA 112

Unha persoa resultou ferida na madrugada de hoxe despois que o vehículo no que viaxaba saíuse da vía mentres circulaba pola AC-546, á altura do punto quilométrico 14,700.

Foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Santa Comba para liberar á persoa do interior do turismo. Unha vez excarcerado, o ferido foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago polos profesionais sanitarios.

O accidente tivo lugar ás 02:45 horas da madrugada de hoxe. A esa hora, os xestores do 112 Galicia recibían o aviso dunha saída de vía no concello de Santa Comba onde, probablemente, había unha persoa atrapada.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE 112 Galicia) solicitouse a intervención dos Bombeiros de Santa Comba e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Ata o lugar dos feitos acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e ademais, solicitouse a colaboración do persoal do servizo de mantemento da vía. Desde o 112 Galicia tamén pasouse aviso aos voluntarios de Protección Civil da localidade por se fose necesaria a súa colaboración.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos