O exalcalde de Vimianzo e líder de Adiante Vimianzo, Manuel Antelo Pazos, confirmou que é «coronavirus positivo» e que se atopa «ben, na casa e con tratamento».A través das redes sociais, visiblemente emocionado, expresou a súa preocupación «polo que lle está a pasar aos nosos maiores».Tamén tivo palabras de agradecemento para o centro de saúde de Vimianzo e para o hospital » Virxe da Xunqueira».
Desde aquí enviamos moitos ánimos a Manuel Antelo e desexámoslle unha pronta recuperación.