En Corme, un grupo de veciños afectados polo parque eólico da Salgueiras mantiveron unha xuntanza para avaliar as incidencias deste proxecto.
A cita contou coa asistencia de persoas dos concellos de Malpica, Laxe, Coristanco e Carballo.Os veciños adoptaron a decisión de solicitar un posicionamento por parte do concello de Ponteceso.
O parque eólico das Salgueiras, promovido por Norvento, contempla a instalación de seis aeroxeradores de tres megavatios cada un.Actualmente acábase de publicar a declaración de impacto ambiental.