12.7 C
Santa Comba
jueves, septiembre 5, 2024

Atopan o corpo dunha muller flotando no río Ulla, en Padrón

Unha persoa particular alertaba esta mañá ao 112 Galicia do achado do corpo dunha muller flotando no río Ulla, moi preto da FINSA (Financiera Maderera S.A.), no concello de Padrón.

O 112 Galicia recibiu a chamada do alertante cando faltaban cinco minutos para as 10:00 horas e, a partir de aí, púxose en marcha o operativo de rescate, no que interviñeron ademais dos servizos sanitarios, os membros do GES e de Protección Civil da localidade, os axentes da Policía Local e da Garda Civil. Así mesmo, desde o 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Boiro. Unha vez rescatado o corpo, as forzas da orde tratan de investigar as causas do achado.

Fonte-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos