12 C
Santa Comba
viernes, marzo 31, 2023

Aparece un corpo sen vida dun peregrino en Fisterra

Uns peregrinos atoparon o corpo sen vida doutro camiñante preto da Praia da Arnela, en Fisterra.Así o comunicaron mediante unha chamada ao 112 Galicia cando estaba a piques de dar a unha desta tarde.

Deseguido, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que só puideron confirmar o falecemento da persoa, e aos axentes da Garda Civil e da Policía Local para aclarar as circunstancias do suceso. Así, pouco tempo despois, comprobaron que se trataba dun peregrino que podería levar un tempo morto no lugar.

Fonte-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos