14.8 C
Santa Comba
jueves, noviembre 7, 2024

Liberan a un home ao saírse da vía o coche no que circulaba en Muxía

Unha saída de vía ocorrida esta noite en Muxía saldouse cun home ferido que tivo que ser liberado polos Bombeiros de Cee. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento inclinaron un asento do vehículo para poder sacar ao home e que fose atendido polos servizos sanitarios.

Un familiar do accidentado alertaba do sucedido ao 112 Galicia ás 3:00 horas. Sinalaba na súa chamada ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia que o home tivera un accidente dúas horas antes e non o atopaban.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Cee e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Muxía.

Unha vez atopado o lugar do accidente, na estrada que une Martineto e Figueroa, os servizos de emerxencia liberaron do interior do coche ao home, que foi trasladado nunha ambulancia a un centro médico.

Fonte- AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos