0.3 C
Santa Comba
jueves, enero 16, 2025

Un falecido e dous feridos despois dunha colisión frontal entre dous turismos en Dumbría

Un home perdeu a vida e outros dous resultaron feridos a pasada noite nun choque frontal no que se viron implicados dous coches en Dumbría. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os servizos de emerxencia tiveron que excarcerar á vítima mortal, ao quedar atrapada no interior dun dos vehículos accidentados.

O sinistro produciuse na AC-552, concretamente no punto quilométrico 80, en sentido A Coruña.O 112 Galicia tivo coñecemento do ocorrido a través da alerta de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao fío das 23:00 horas.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Cee e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Fonte-axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos