Unha colisión frontal entre un turismo e unha furgoneta na AC-429 saldouse con dúas persoas feridas na mañá de hoxe. Debido á intensidade do impacto, foi necesario facer uso do material de excarceración para liberar a unha delas.
O 112 Galicia tivo constancia do suceso preto das 10:00 horas a través da chamada dunha persoa particular. No seu relato, a testemuña do accidente informaba que os ocupantes dos vehículos necesitaban asistencia médica tras colidir frontalmente os dous vehículos, á altura da parroquia de Santo Estevo de Cesullas, no concello coruñés de Cabana de Bergantiños.
Fonte-Axega 112