13.1 C
Santa Comba
lunes, mayo 12, 2025

Unha colisión múltiple entre catro vehículos deixa a tres persoas feridas en Coristanco

Tres persoas foron trasladadas ao centro hospitalario de referencia despois de sufrir un accidente mentres circulaban pola estrada que une Carballo e Coristanco, á altura da parroquia de San Martiño de Oca.

O sinistro tivo lugar ás 19:00 horas. Neste momento, a chamada dun particular ao 112 Galicia alertaba dunha colisión entre catro turismos no concello coruñés de Coristanco.

Decontado, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais sanitarios, dos Bombeiros de Bergantiños e dos membros do GES de Ponteceso e de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar dos feitos, os equipos de intervención confirmaron que os feridos viaxaban xuntos no mesmo vehículo.Co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía, ata o lugar do accidente acudiron tamén os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

Fonte-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos