Dúas persoas resultaron afectadas por inhalación de fume tras producirse un incendio nunha habitación da súa vivenda situada na Rúa Víctor García Ferreiro, en Negreira.O edificio composto de dous andares foi desaloxado, por precaución, polos servizos de emerxencia a causa do fume producido no incendio.
Todo comezou ás 01:45 horas desta madrugada cando un veciño da vivenda chamaba ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia para alertar dun incendio no primeiro andar do edificio. Indicaba que no seu interior atopábanse dúas persoas e que a causa do fume non podían saír da vivenda.
Así, con eses datos, os xestores do 112 Galicia poñían o suceso en coñecemento dos Bombeiros do Xallas e dos membros do GES de Brión para atallar o lume na vivenda. Do mesmo xeito, solicitouse a intervención dos profesionais sanitarios, dos axentes da Garda Civil e Protección Civil da localidade.
Finalmente, segundo confirmaron os servicios sanitarios e os Bombeiros ao 112 Galicia, dúas persoas foron evacuadas ao centro hospitalario de referencia e ardeu por completo unha pequena habitación que contiña diversos mobles.
Fonte – AXEGA 112