Por outra banda, en Camariñas, unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia de que atopara o corpo sen vida dun home nunha zona montañosa próxima á estrada que une Ponte do Porto e Arou, no Alto do Canaval.
A chamada da persoa particular que contactou co 112 Galicia produciuse ao fío das 18:00 horas e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Garda Civil.Arestora, os axentes das forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias deste suceso.
Fonte-AXEGA 112