6.3 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Un operario sofre lesións importantes nos brazos ao quedar atrapado nunha cinta transportadora en Cerceda

Un operario resultou ferido ao quedar atrapado nunha cinta transportadora en Cerceda.

Ao lugar acudiron os Bombeiros de Ordes, que descartaron intervir en canto comprobaron que o traballador estaba liberado e accesible.

Con todo, tivo que ser evacuado polos servizos sanitarios de urxendia debido ás importantes lesións que presentaba nos brazos. Así, para a súa atención activouse un operativo ás 13:30 horas de hoxe, cando o 112 Galicia recibiu a chamada dun compañeiro para pedir asistencia urxente.

Ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e das forzas da orde, ao lugar do accidente acudiron os Bombeiros de Ordes, pois as primeiras noticias recibidas no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia indicaban que a persoa estaba atrapada na cinta transportadora. Sen embargo, á chegada dos efectivos de salvamento e rescate, o ferido estaba xa liberado, polo que descartaron empregar os equipos de excarceración.

Informa- AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos