Un home que circulaba nun turismo precisou ser excarcerado a pasada noite en Mazaricos despois de que o vehículo caese a un río. Deste xeito, os Bombeiros de Santa Comba e o GES de Muros liberaron ao home, que quedou atrapado no interior do coche, para que fose atendido polo persoal sanitario.
Ocorreu na estrada que une Picota con Quintáns, na ponte do Batán, ao fío das 21:30 horas.Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do accidente. Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento, ademais, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil de Mazaricos.
Información AXEGA 112