«Ningún alcalde socialista desta comarca será capaz de enfrontarse ao Executivo de Sánchez ante os desprezos que ten con Galicia como si o fixo o presidente Feijóo. Por iso, é necesario que lle deamos un voto masivo ao Partido Popular» declarou o secretario xeral do Partido Popular de Galicia, durante o mitin comarcal da Costa da Morte celebrado no concello de Cee.
Miguel Tellado dixo que as políticas «erradas e erráticas» de Pedro Sánchez puxeron en perigo a industrias como Ferroatlántica.Tamén apelou ao voto ao PP porque «en Galicia, todo o que non sexa votar ao PP é votar ao PSOE, dado que os deputados do BNG, Podemos ou Errejón van querer facer presidente a Sánchez; e porque votar a VOX e a Ciudadanos, que non van sacar escano, só sirve para restarlle votos ao Partido Popular e que poidan gañar os socialistas».